Guiarte logo Guiarte.com

Fotografía de Ricardo Alcalde

Señoras e señores. Fotografía de Ricardo Alcalde. Xoves 5 de outubro, ata o vindeiro día 29 de outubro.Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela

As imaxes que durante o mes de outubro se exhibirán no Museo corresponden a homes e mulleres da Terra de Caldelas, sorprendidos, como di o autor, nos seus labores cotiáns, rodeados das árbores, as pedras, as leiras e corredoiras que os viron nacer e os verán morrer. O fotógrafo ponlle rostros e nomes a un mundo que, por razóns demográficas, está no límite da supervivencia.

Ao interese antropolóxico dos retratos únese o valor técnico: Ricardo Alcalde, alumno do reputado mestre de Marín Xosé Gago, positiva as súas obras, tanto en papel como noutros soportes, seguindo procedementos manuais e preparando el mesmo as emulsións. Neste caso o procedemento é a xelatina ao cloro bromuro.

Ricardo Alcalde, militar salmantino destinado en Figueirido, percorre desde hai anos o país coa súa cámara. En 2004 foi galardoado co primeiro Premio do Exército na modalidade de fotografía. A última exposición fíxoa a pasada primavera no Museo Histórico Militar de Valencia, cunha colección de imaxes tomadas entre agosto e decembro de 2003 en Diwaniyah, Iraq.

A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 29 de outubro.

© Guiarte.com tiene el Copyright de sus colaboradores - Todos los derechos reservados
Guiarte.com | Quienes somos | Datos legales